Archivo de proxectos
Este é o noso arquivo e inclúe unha selección de proxectos que fumos desenvolvendo ao longo dos nosos itinerarios profesionais e vitais, de xeito individual, en colaboración, desde iniciativas independentes, dentro das institucións, desde o tecido asociativo ou para clientes e particulares. Iremos completando o arquivo. Se queres estar actualizado escríbenos unha mensaxe aqui para que te mandemos as nosas noticias
Terra Creativa
Terra Creativa é o nome dun proxecto que conxuga cultura, comunida e defensa do territorio. Acontece situado no Monte Cambeiro de Amarelle en Corcubión. Desde el póñese en valor o monte autóctono galego e se trazan de novo vínculos con estes santuarios, formas de supervivencia fronte a industria que impñe a monocultura do eucalipto.
IV Taller Naturezas Híbridas.
Unha colaboración entre o grupo de Inovación docente da Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña (Elvira Santiago Gómez, Carlos Diz e Jose Antonio Cortés Vazquez) e a Asociación Cultural Universidade Cromática das Virtudes (María Bella) para aproximarse aos eventos e os efectos derivados da catástrofe provocada polo afundimento do petroleiro Prestige frente ás costas de Fisterra e o xurdimento do movemento cidadan Nunca Máis.
Tapices da Memoria: Nunca Máis chapapote patriarcal
Tapices da Memoria: Nunca Máis chapapote patriarcal é un proxecto expositivo e memorial que fía desde o presente fragmentos de memoria da Marcha Mundial de Mulleres acontecida no 2003 entre Cee e Fisterra no marco das protestas cidadans do Nunca Máis contra a catástofe do Prestige. Lévase a cabo desde a colaboración entre o Concello de Fisterra e a Asociación Unha Gran Burla Negra co comisariado de María Bella. A finalidade é por en valor, non esquecer e ensenar aos que non o viviron a forza que se activou nese acontecemento desde a loita feminista.
T-Furniture
A Colección de Mobles T-Furnitures foron deseñados por Frank Buschmann para unha serie de eventos culturais en Holanda e posteriormente teñen percorrido e formado parte do mobiliario de distintos espazos e eventos culturais, entre eles forman parte de Intermediae e Matadero-Madrid, desde a apertura deste centro e su primeira presentacion publica en ARCO 2006. Tamén foron presentados como parte do evento cultural Le Voyage à Nantes 2013 / Unha Viaxe a Nantes 2013.
Semillando: Cultura sostenible en la ciudad
Desde Intermediae e en colaboración coa Cooperativa Ecosecha, preparamos durante tres días un festival e un mercado no que xuntamos a artistas, entidades sociais, cooperativas, expertos, produtores e público en xeral para dar forma a un espazo e foro de intercambio, visibilización, reflexión e entretemento arredor da sostibilidade, da agricultura ecolóxica, da participación cidadá e da sensibilización social.
Itinerarios del Sonido. 14 Artistas escuchan Madrid
Itinerarios del sonido foi un proxecto de arte público co-comisariado por María Bella e Miguel Álvarez-Fernández, organizado pola Área de Las Artes de Madrid, o Centro Cultural Conde Duque e a Residencia de Estudiantes. As obras puideron escoitarse en diferentes paradas de autobús de Madrid entre o 20 de maio e o 25 de setembro de 2005. "Itinerarios del sonido" recreaba unha cidade a través do son, escoitando o eco de diferentes produccións, as de artistas como Adrian Piper, Luc Ferrari, Fernando Millán, Trevor Wishart, Kristin Oppenheim, Susan Hiller, Joao Penalva, Christina Kubisch, Bill Fontana, Vito Acconci, Francisco Ruiz de Infante, Daniel Samoilovich, Julio Estrada e Jorge Eduardo Eielson